Vista normal Vista MARC

A herdanza Ferramonti / Gaetano Carlo Chelli ; traducido por Isabel Soto

por Chelli, Gaetano Carlo (1847-1904) [autor]; Soto López, Isabel (1969- ) [tradutor].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries Colección XIX (Editorial Hugin e Munin): Editor: Santiago de Compostela : Hugin e Munin , 2024 Descrición: 251 p. ; 20 cm.ISBN: 978-84-128075-3-0.Materia(s): Novela da vida cotiá | Novela de la vida cotidiana | Ficción contemporáneaResumo: Esta novela, a máis lograda de Gaetano Carlo Chelli, publicouse por vez primeira en 1883 na revista Cronaca Bizantina. O autor participa da estética do verismo, ao se inspirar na realidade para retratar os esforzos de pequenos empresarios e burócratas por se enriquecer e lograr o ascenso social e a respectabilidade. De feito, a obra apareceu ao tempo que saltaba á esfera pública o soado escándalo da Banca Romana, isto é, o primeiro grande caso de corrupción político-financiera en Italia. A historia percorre as vidas dos Ferramonti e as artimañas dos membros máis ovos para conseguir a herdanza do patriarca. Ambientada nas rúas do centro histórico de Roma, pinta un mundo no que se impoñen a falta de escrúpulos, a especulación bolsista, a hipocrisía e todo tipo de intrigas. Porén, a auténtica protagonista é Irene, nora do ancián Ferramonti, dotada dunha personalidade afastada do modleo de muller da literatura burguesa do XIX. Intelixente, autónoma, sedutora e experta nos negocios, logra impoñer o seu parecer nun contorno masculino, foxe da maternidade e da culpa, e móstrase capaz de agardar o tempo que faga falla para levar a cabo a súa vinganza. Concibida dende unha perspectiva obxectiva e impersoal, a novela apóiase no carácter sentencioso das intervencións da instancia narradora, na dimensión coral que lle outorga a irrupción da óptica dos distintos personsaxes e no uso do discurso indirecto libre. Lista(s) nas que aparece este ítem: BP Ánxel Casal NOVIDADES LITERATURA XULLO, AGOSTO, SETEMBRO 2024 | BPV ficción xaneiro 2025
Etiquetas desta biblioteca: Non hai etiquetas desta biblioteca para este título. Para engadir etiquetas ingrese na súa conta do catálogo.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Biblioteca de orixe Localización actual Sinatura Número de volume Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Reserva de exemplares Datos do exemplar
Vilanova de Arousa – Biblioteca Pública Municipal Irmáns Camba
Vilanova de Arousa – Biblioteca Pública Municipal Irmáns Camba
Sala xeral
NG CHE her 1 Dispoñible PBM082000014977
Camariñas – Biblioteca Pública Municipal de Camariñas
Camariñas – Biblioteca Pública Municipal de Camariñas
Sala xeral
N CHE her Dispoñible cbm017000022481
Salvaterra do Miño – Biblioteca Pública Municipal de Salvaterra do Miño
Salvaterra do Miño – Biblioteca Pública Municipal de Salvaterra do Miño
1º andar
NG CHE her Dispoñible pbm061000009723
Vigo – Biblioteca Pública Juan Compañel
Vigo – Biblioteca Pública Juan Compañel
Sala préstamo
N CHE her Dispoñible BV000098549
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
Depósito Galicia
DL 40628 Acceso restrinxido BC000070365
Santiago de Compostela – Biblioteca Pública Ánxel Casal
Santiago de Compostela – Biblioteca Pública Ánxel Casal
2º andar
N CHE her [G] Dispoñible BS000061050
Reservas totais: 0

Esta novela, a máis lograda de Gaetano Carlo Chelli, publicouse por vez primeira en 1883 na revista Cronaca Bizantina. O autor participa da estética do verismo, ao se inspirar na realidade para retratar os esforzos de pequenos empresarios e burócratas por se enriquecer e lograr o ascenso social e a respectabilidade. De feito, a obra apareceu ao tempo que saltaba á esfera pública o soado escándalo da Banca Romana, isto é, o primeiro grande caso de corrupción político-financiera en Italia.
A historia percorre as vidas dos Ferramonti e as artimañas dos membros máis ovos para conseguir a herdanza do patriarca. Ambientada nas rúas do centro histórico de Roma, pinta un mundo no que se impoñen a falta de escrúpulos, a especulación bolsista, a hipocrisía e todo tipo de intrigas. Porén, a auténtica protagonista é Irene, nora do ancián Ferramonti, dotada dunha personalidade afastada do modleo de muller da literatura burguesa do XIX. Intelixente, autónoma, sedutora e experta nos negocios, logra impoñer o seu parecer nun contorno masculino, foxe da maternidade e da culpa, e móstrase capaz de agardar o tempo que faga falla para levar a cabo a súa vinganza.
Concibida dende unha perspectiva obxectiva e impersoal, a novela apóiase no carácter sentencioso das intervencións da instancia narradora, na dimensión coral que lle outorga a irrupción da óptica dos distintos personsaxes e no uso do discurso indirecto libre.

Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.

Non hai comentarios sobre este documento.

Ingrese na súa conta para facer un comentario.

Coa tecnoloxía Koha