Comandante / Edoardo de Angelis, Sandro Veronesi ; traduccion de Juan manuel Salmerón Arjona
por De Angelis, Edoardo (1978-)
; Veronesi, Sandro. (1959-)
.
Tipo: 


Biblioteca de orixe | Localización actual | Sinatura | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Redondela – Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán | Redondela – Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán Sala xeral | N ANG com | 1 | Dispoñible | PBM057000040988 |
|
|||
Oleiros – Biblioteca Central Rialeda | Oleiros – Biblioteca Central Rialeda Sala préstamo | N DEA com | Dispoñible | Recomendado en Radioleiros 2025 | col0000271583 |
|
|||
Pontevedra – Biblioteca Pública Antonio Odriozola | Pontevedra – Biblioteca Pública Antonio Odriozola Depósito Xeral | DE 19826 | Dispoñible | BP000059128 |
|
||||
Vigo – Biblioteca Pública Juan Compañel | Vigo – Biblioteca Pública Juan Compañel Sala préstamo | NH ANG com | Dispoñible | BV000096544 |
|
||||
Pontevedra – Biblioteca Pública Antonio Odriozola | Pontevedra – Biblioteca Pública Antonio Odriozola 2º andar | N ANG com | Dispoñible | bp000057388 |
|
||||
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés | A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés Sala préstamo | N ANGE com | Dispoñible | BC000071189 |
|
O 28 de setembro de 1940 o submarino Cappellini da armada fascista italiana partiu do porto da Spezia con rumbo ao Atlántico, vía Xibraltar. Ao mando estaba o veterano comandante Salvatore Todaro, un home que levaba o peito cuberto cunha coraza de aceiro debido a vellas feridas de combate.
Durante a súa misión, avistaron un buque belga, o Kabalo. Produciuse un combate naval e o submarino afundiu ao barco inimigo. Pasado un intre, viron aparecer a varios tripulantes sobrevivientes. A pesar de que o almirante alemán Dönitz ordenou explicitamente que non llos rescatase, Todaro decidiu contravir aos seus superiores e primar, por encima do regulamento militar, a lei do mar, que di que hai que rescatar aos náufragos. O seu xesto convérteo nun heroe que conecta o pasado co noso presente de pateras rescatadas en alta mar por barcos que, con demasiada frecuencia, as autoridades non queren deixar desembarcar nos seus portos.
Este paralelismo foi o que levou a Sandro Veronesi a aceptar a petición do cineasta Edoardo De Angelis de traballar con el no guion da súa próxima película, sobre a figura de Todaro. En paralelo, escribiron a catro mans unha versión novelística, construída mediante unha sucesión de voces que relatan o nobre xesto do comandante.
A narración resultante pode lerse, no contexto da crise migratoria que azouta as augas do Mediterráneo —e a consecuente onda de xenofobia que Veronesi denuncia na introdución—, como unha reivindicación dos valores humanos que deben impoñerse ante a barbarie, así como unha celebración da figura de Todaro, inxustamente esquecida nas páxinas da nosa historia
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.