Vista normal Vista MARC

Andrés Martínez Salazar : aproximación bio-bibliográfica / Pedro López Gómez

por López Gómez, Pedro (1944- ) [autor].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries (Anexos BRAG ; 5).Editor: A Coruña : Real Academia Galega , D.L. 2023 Descrición: 349 p. : ilustracións ; 24 cm.ISBN: 978-84-17807-31-3.Materia(s): Martínez Salazar, Andrés (1846-1923) | Martínez Salazar, Andrés (1846-1923) | Biografías | Biografías | BiografíasRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Andrés Martínez Salazar naceu en Astorga o 8 febreiro de 1846. O seu casamento con Petra Suevos e o seu destino como funcionario do Corpo Facultativo de Arquiveiros no Arquivo do Reino de Galicia, do que chegou a ser director, levárono a aveciñarse na cidade da Coruña. Neste centro coincidiu co que veu ser o seu grande amigo, Manuel Murguía, a quen tivo por xefe e quen debeu influír na súa adscrición política ao rexionalismo. Malia isto, mantivo sempre unha grande independencia de criterio, afastado das teorías celtistas, nas súas investigacións históricas e literarias sobre o pasado de Galicia, sempre baseadas na fidelidade ao documento e no rigor histórico. Como libreiro e como editor da Biblioteca Gallega e de Galicia. Revista Regional, colaborou na renovación do panorama cultural do momento. A súa obra como autor atópase dispersa en multitude de periódicos e revistas de carácter tanto divulgativo coma científico, e acada os máis de douscentos artigos. Ademais, foi autor ou editor de libros de ampla repercusión, como a Crónica Troyana, os dedicados a Mayor Fernández da Cámara Pita ou aos guerrilleiros galegos do século XIX. Foi tamén presidente da Real Academia Galega, tras o pasamento de Murguía, membro de número ou de honra de múltiples asociacións de carácter científico e cultural, e cronista da Coruña, cargo que máis o compraceu. Nesta cidade finou o 6 de outubro de 1923, hai agora cen anos. Lista(s) nas que aparece este ítem: Biblioteca Lugo: Novidades non ficción marzo2024
Etiquetas desta biblioteca: Non hai etiquetas desta biblioteca para este título. Para engadir etiquetas ingrese na súa conta do catálogo.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Biblioteca de orixe Localización actual Colección Sinatura Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Reserva de exemplares Datos do exemplar
Santiago de Compostela – Consello da Cultura Galega
Santiago de Compostela – Consello da Cultura Galega
Biblioteca Xeral do Consello
929 MAR lop Consulta en biblioteca CCG000011731
Lugo – Biblioteca Pública de Lugo
Lugo – Biblioteca Pública de Lugo
Sala préstamo
G-B MAR lop Dispoñible BL000045098
Santiago de Compostela – Biblioteca Pública Ánxel Casal
Santiago de Compostela – Biblioteca Pública Ánxel Casal
2º andar
B MAR lop [G] Dispoñible BS000058564
Ourense – Biblioteca do Museo Arqueolóxico Provincial
Ourense – Biblioteca do Museo Arqueolóxico Provincial
Depósito Xeral
929 LOP and Consulta en biblioteca OMA000006211
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
Depósito Xeral
Fondo local DL 39772 Consulta en biblioteca BC000069997
A Coruña – Biblioteca do Arquivo do Reino de Galicia
A Coruña – Biblioteca do Arquivo do Reino de Galicia
Depósito Xeral
17690 Consulta en biblioteca GAR000009908
Betanzos – Biblioteca Pública Municipal A. Castelao de Betanzos
Betanzos – Biblioteca Pública Municipal A. Castelao de Betanzos
Sala de consulta
929 LOP and Dispoñible CBM009000024731
Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós
Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós
1º andar
B MAR lop Dispoñible BO000069873
Vigo – Biblioteca Pública Juan Compañel
Pontevedra – Biblioteca Pública Antonio Odriozola
Sala préstamo
929 MAR lop Prestado 25/09/2024 BV000092118
Reservas totais: 0

Bibliografía

Andrés Martínez Salazar naceu en Astorga o 8 febreiro de 1846. O seu casamento con Petra Suevos e o seu destino como funcionario do Corpo Facultativo de Arquiveiros no Arquivo do Reino de Galicia, do que chegou a ser director, levárono a aveciñarse na cidade da Coruña.
Neste centro coincidiu co que veu ser o seu grande amigo, Manuel Murguía, a quen tivo por xefe e quen debeu influír na súa adscrición política ao rexionalismo. Malia isto, mantivo sempre unha grande independencia de criterio, afastado das teorías celtistas, nas súas investigacións históricas e literarias sobre o pasado de Galicia, sempre baseadas na fidelidade ao documento e no rigor histórico.
Como libreiro e como editor da Biblioteca Gallega e de Galicia. Revista Regional, colaborou na renovación do panorama cultural do momento. A súa obra como autor atópase dispersa en multitude de periódicos e revistas de carácter tanto divulgativo coma científico, e acada os máis de douscentos artigos. Ademais, foi autor ou editor de libros de ampla repercusión, como a Crónica Troyana, os dedicados a Mayor Fernández da Cámara Pita ou aos guerrilleiros galegos do século XIX.
Foi tamén presidente da Real Academia Galega, tras o pasamento de Murguía, membro de número ou de honra de múltiples asociacións de carácter científico e cultural, e cronista da Coruña, cargo que máis o compraceu. Nesta cidade finou o 6 de outubro de 1923, hai agora cen anos.

Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.

Non hai comentarios sobre este documento.

Ingrese na súa conta para facer un comentario.

Coa tecnoloxía Koha