Cómo hablarle a un negacionista de la ciencia : conversaciones con terraplanistas, negacionistas del cambio climático y otros interlocutores en contra de la razón / Lee McIntyre ; traducción de Rodrigo Neira
por McIntyre, Lee (1962-)
.
Tipo: 






Biblioteca de orixe | Localización actual | Sinatura | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés | A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés 2º andar | 001 MCI com | Dispoñible | BC000064373 |
|
||
Lugo – Biblioteca Pública de Lugo | Lugo – Biblioteca Pública de Lugo Sala préstamo | 001 MCI com | Dispoñible | BL000041955 |
|
Bibliografía
"As vacinas son malas para a saúde". "O cambio climático é mentira e o coronavirus tamén". Nos días que corren, numerosos cidadáns rexeitan con afirmacións coma estas as posturas de científicos e especialistas, decidíndose por unha determinada ideoloxía antes que pola verdade. E non é que estean, sinxelamente, pouco informados, senón "desinformados", pois citan probas espurias ou seleccionadas dun xeito capcioso, atenden a falsos expertos e defenden teorías da conspiración. Como podemos convencelos de que están equivocados? Como lograr que cambien de opinión e atendan aos feitos, se non cren neles?
Neste libro, Lee McIntyre defende, por unha banda, que calquera pode plantar cara aos negacionistas da ciencia e, por outra, a gran importancia de facelo, pois o negacionismo mata en moitas ocasións. Seguindo estas ideas, ao longo das súas páxinas bosquéxanse as principais claves discursivas do negacionismo e ofrécense ferramentas e técnicas para transmitir os feitos e valores da ciencia, sempre facendo fincapé en que a mellor forma de discutir cun negacionista é confrontándoo con calma, cara a cara e educadamente.
Tradución de: How to talk to a science denier
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.