La sangre de la virgen / Sammy Harkham ; [traducción, Alberto Gª Marcos]
por Harkham, Sammy
; García Marcos, Alberto [tradutor]
.
Tipo: 




Biblioteca de orixe | Localización actual | Colección | Sinatura | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vigo - Biblioteca Pública Juan Compañel | Vigo - Biblioteca Pública Juan Compañel Comicteca | Banda deseñada | COMA HAR san | Prestado | 13/10/2023 | BV000088741 |
|
||
A Coruña - Biblioteca Pública Miguel González Garcés | A Coruña - Biblioteca Pública Miguel González Garcés Comicteca | Banda deseñada | CA HAR san [estantería] | Dispoñible | Novidades xuño 2023 | BC000064354 |
|
||
Santiago de Compostela - Biblioteca Pública Ánxel Casal | Santiago de Compostela - Biblioteca Pública Ánxel Casal Comicteca | Banda deseñada | [NOVIDADES XULLO] BDA HAR san [vida cotiá] | Prestado | 08/08/2023 | BS000054960 |
|
||
Lugo - Biblioteca Pública de Lugo | Lugo - Biblioteca Pública de Lugo Comicteca | CA HAR san [vida cotiá][novidades] | Prestado | 20/09/2023 | BL000040872 |
|
Los Ángeles, 1971. Seymour ten 27 anos, é montador e traballa para unha compañía especializada no chamado cine "exploitation" de baixo orzamento. Seymour, a súa muller e o seu bebé afánanse por saír adiante, mentres o primeiro escribe guións por encarga e espera que chegue a súa oportunidade. Cando o seu xefe merca un dos seus guións para un proxecto titulado "O sangue da virxe" e lle ofrece dirixilo, da comezo o periplo entre surrealista e cómico do libro. A medida que a película avanza nos ombros da ambición de Seymour, a súa vida familiar torna cada vez máis tensa. A rodaxe dá pé a unha espiral espazotemporal que á súa vez configura esta novela gráfica épica onde conflúen paternidade, sexo, creación e emigración xunto a temas coma o alborexar de Hollywood e... o Holocausto?
Sammy Harkham introdúcenos nun Los Ángeles oculto durante un momento crucial para a evolución da industria, o tránsito entre o último estertor dos grandes estudos e o auxe do cine independente. Á maneira dun calidoscopio, "La sangre de la virgen" cambia en cada viñeta, o contexto amplíase a medida que a historia evoluciona e constrúe unha intricada arañeira de soños e desenganos que permite ao lector achegarse ao núcleo do libro: o prezo agridoce de chegar a ser un mesmo.
Tradución de : Blood of the Virgin
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Comentado por José Enrique B.
16/07/2023A vida e obra dun cineasta vocacional no Hollywood do s. XX máis afastado do glamour das estrelas de primeira liña. A historia segue minuciosamente a vida cotiá dun montador, guionista e improvisado director, así como a da súa familia, nun retrato cheo de autenticidade. O argumento, que conta con alguns capítulos insertos que son pronunciadas digresións do fío principal, céntrase no oficio de facer películas naquela -hoxe desaparecida- era analóxica. Pon especial foco no papel dos produtores e no fracaso vital e a loita pola supervivencia moral e material dos seus subordinados/as. Xunto con "Ronson" e "Patos", probablemente esta sexa a mellor BD editada en castelán na primeira metade de 2023. Sammy Harkham supera con esta extensa obra a calidade actual do traballo de compatriotas consagrados que antigamente estaban noutra escala, como Daniel Clowes ou Charles Burns.