Vista normal Vista MARC

Foi un home : Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970) : [folleto de exposición], 27.09.22-18.12.22, Museo Centro Gaiás

por Museo Centro Gaiás.
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Santiago de Compostela : Xunta de Galicia , 2022 Descrición: [8] p. : fot. cor ; 18 cm.Materia(s): Laxeiro (1908-1996) -- Exposiciones | Laxeiro (1908-1996) -- Exposicións Lista(s) nas que aparece este ítem: Biblioteca Museo Peregrinacións. Novidades outubro-decembro 2022
Etiquetas desta biblioteca: Non hai etiquetas desta biblioteca para este título. Para engadir etiquetas ingrese na súa conta do catálogo.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Biblioteca de orixe Localización actual Sinatura Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Reserva de exemplares Datos do exemplar
Santiago de Compostela – Biblioteca de Galicia
Santiago de Compostela – Biblioteca de Galicia
Depósito Xeral
Foll.Ga-8398 Consulta en biblioteca Doazón CBG000126966
Santiago de Compostela – Biblioteca de Galicia
Santiago de Compostela – Biblioteca de Galicia
Depósito Xeral
Foll.Ga-8399 Consulta en biblioteca Doazón CBG000126967
Santiago de Compostela – Biblioteca do Museo das Peregrinacións
Santiago de Compostela – Biblioteca do Museo das Peregrinacións
Sala de consulta
Foll. 1465 Consulta en biblioteca PERM000002247
Reservas totais: 0

Folleto da exposición do mesmo título celebrada no Museo Centro Gaiás entre o 27 de setembro e o 18 de decembro de 2022

Durante este 2022, Galicia está a render homenaxe ao pintor galego máis relevante do século XX, José Otero Abeledo,Laxeiro (Lalín 1908 – Vigo 1996), despois de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidira dedicar o Día das Artes deste ano ao xenial artista, un dos pais da vangarda pictórica galega. Con motivo do Ano Laxeiro organizouse un amplo programa no que a exposición "Foi un home. Laxeiro en Ámerica (Buenos Aires, 1950-1970)" figura como a proposta protagonista.
O Goberno galego, a través da Fundación Cidade da Cultura e en colaboración co Concello de Lalín, organiza esta mostra co obxectivo de difundir o legado dun dos grandes renovadores da pintura galega dentro e fóra de Galicia. Así, ademais de no Museo Ramón María Aller (Lalín), na que foi inaugurada en abril nun formato máis pequeno, tamén gozou dunha estadía na prestixiosa Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (Madrid), unha das institucións culturais máis lonxevas de España, que acolleu por primeira vez unha restrospectiva dedicada a Laxeiro.
O Museo Centro Gaiás recibe agora esta exposición centrada na época arxentina do artista, que continuará co seu percorrido internacional viaxando a París, onde quedará instalada no Instituto Cervantes co apoio da Embaixada de España en Francia.
Comisariada por Carlos L. Bernárdez, historiador e crítico de arte, "Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950 -1970)" reúne corenta pezas procedentes de diversas institucións como o Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, o Museo de Pontevedra ou Afundación, centradas na época de madurez deste lalinense internacional que se instalou en Arxentina durante vinte anos, mergullándose no ambiente intelectual da capital porteña, foco da emigración e o exilio galego.

Texto en galego, español e inglés

Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.

Non hai comentarios sobre este documento.

Ingrese na súa conta para facer un comentario.

Faga clic na imaxen para vela no visor de imáxenes

Coa tecnoloxía Koha