A mirada atlántica / Antón Patiño
por Patiño, Antón (1957-) [autor]
.
Tipo: 




Biblioteca de orixe | Localización actual | Sinatura | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Santiago de Compostela - Biblioteca de Galicia | Santiago de Compostela - Biblioteca de Galicia Depósito legal | DL-58849 | Consulta en biblioteca | CBG000144005 |
|
||
Vigo - Biblioteca Pública Juan Compañel | Vigo - Biblioteca Pública Juan Compañel Depósito legal | DL 15108 | Acceso restrinxido | BV000068317 |
|
||
Ourense - Biblioteca Pública de Ourense Nós | Ourense - Biblioteca Pública de Ourense Nós 2º andar | 7 PAT mir | Dispoñible | BO000058486 |
|
||
Vigo - Biblioteca Pública Juan Compañel | Vigo - Biblioteca Pública Juan Compañel Sala préstamo | 7 PAT mir | Dispoñible | BV000076300 |
|
||
A Coruña - Biblioteca do Museo de Belas Artes | A Coruña - Biblioteca do Museo de Belas Artes Sala xeral | G 7.036/194 | Consulta en biblioteca | CBA000003148 |
|
||
Santiago de Compostela - Biblioteca Pública Ánxel Casal | Santiago de Compostela - Biblioteca Pública Ánxel Casal 3º andar | 7 PAT mir [G] | Dispoñible | BS000048659 |
|
"A mirada atlántica" é unha escolma de escritos de Antón Patiño sobre a modernidade cultural de Galiza. Á procura dunha ollada universal dende a atalaia da fin de europa. Situado na Fisterra atántica podemos trazar unha cartografía onde a pegada da paixase e mais o ronsel antropolóxico estean presentes nunha visión panorámica. O latexo da modernidade cultural na Galiza contemporánea, a do século XX e deste primeiro tramo do XXI. Tempo de cambios, incertezas, mutacións e tamén de constantes que se manteñen como paradigmas. Un impulso de reinvención dende a modernidade emerxe en moitas esculcas de plenitude creadora. Arte, narración, poesía, ensaio, arquitectura, cinema. Achegarnos aos diferentes momentos dese devalo creativo axuda a configurar vieiros de análise e permite trazar liñas de interpretación. Artistas e creadores que contribúen a perfilar ese camiño na análise das respectivas obras. "A mirada atlántica" responde a unha vontade cartográfica para establecer unha dimensión de conxunto na síntese das distintas aportacións e variadas poéticas na reinvención do imaxinario colectivo (a carón da dinámica universal).
Nos textos aparecen nomes propios da arte e cultura galega como Luís Seoane, Reimundo Patiño, Castelao, Francisco Miguel, Maruja Mallo, Carlos Maside, Urbano Lugrís, Manuel Colmeiro, Laxeiro, Cunqueiro, Alberto Datas, Guillermo Monroy, Menchu Lamas, Nóvoa, César Portela, Manuel Gallego Jorreto, Uxío Novoneyra, Manuel Rivas Xosé Freixanes, Xurxo Lobato, José Ángel Valente, Manuel Vilariño, Tono Carbajo, Jorge Varela, Xavier Seoane, Lois Pereiro ou Lois Patiño; e de institucións como o MARCO, o CGAC ou o Laboratorio de Formas.
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.