Afganistán : pasado y perspectivas de futuro / Juan Ignacio Castién Maestro y Luis Herruzo Madrid (eds.) ; Juan Ignacio Castien Maestro, Luis Herruzo Madrid, Federico Aznar Fernández-Montesinos ... [et al.]
por Castién Maestro, Juan Ignacio [director de publicación - autor]
; Herruzo Madrid, Luis [director de publicación - autor]
; Aznar Fernández-Montesinos, Federico [autor]
.
Tipo: 






Biblioteca de orixe | Localización actual | Sinatura | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós | Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós 2º andar | 94(ASI) AF AFG | Dispoñible | BO000031799 |
|
Ao final do libro recóllese información acerca dos autores, así como das abreviaturas que aparecen durante o mesmo.
Contén bibliografía.
O 2014 foi un ano crave para Afganistán. Durante ese ano o país viu como terminaba a misión internacional de seguridade liderada pola OTAN desde 2003 (coñecida como a ISAF, polas súas siglas en inglés). Un punto e aparte que deixaba unha sensación agridoce entre os gobernos e os exércitos que estiveran activamente implicados nela. Por unha banda había o alivio pola conclusión dunha misión que custara moitas vidas e recursos, e polo outro estaba a fraxilidade coa que se asentaban os logros obtidos, sobre todo #ante o crecente auxe da insurxencia talibán. Nestes anos a perspectiva non cambiou e o futuro segue presentándose infestado de incertezas. Neste contexto, segue existindo o grave perigo de que o país quede atrapado nunha situación crónica de pobreza e de desorde, baixo a égida de camarillas políticas vinculadas á industria do crime organizado.
Un escenario como o descrito préstase a reaccións moi diversas. Podemos aceptar a visión esencialista e fatalista de Afganistán como unha sociedade tribal e belicosa, condenada para sempre á barbarie. Ou podemos seguir crendo na posibilidade de remodelar países á forza, guiándonos por unha serie de esquemas prefabricados, á maneira neo-con. Pero tamén podemos, finalmente, fronte a estas dúas posturas tan estendidas, avogar polo apoio prudente á modernización doutras sociedades, sempre sobre a base dun recoñecemento da magnitude dos problemas aos que hai que enfrontarse. Esta última opción require un coñecemento profundo de Afganistán, así como unha análise que vaia máis aló do mero estudo dos retos máis inmediatos. Esta é a opción que expoñen con este libro os editores Juan Ignacio Castien Mestre e Luís Herruzo Madrid para buscar no seu complexo pasado histórico as respostas aos interrogantes do presente.
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.