El imaginario español en las Exposiciones Universales del siglo XIX : Exotismo y modernidad / Manuel Viera
por Viera, Manuel
.
Tipo: 











Biblioteca de orixe | Localización actual | Sinatura | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós | Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós 2º andar | 7.04 VIE ima | Dispoñible | BO000078706 |
|
||
A Coruña – Biblioteca do Museo de Belas Artes | A Coruña – Biblioteca do Museo de Belas Artes Sala xeral | 7.04/377 | Consulta en biblioteca | CBA000002378 |
|
Bibliografía : p. 385-402
Índice : cap. 1. Concreción de la utopía liberal : de ciudades efímeras y torres de Babel -- Cap. 2. Poder político y estructura social : gobiergos, élites y clases trabajadoras -- Cap. 3 : El poder económico : librecambio, consumismo y colonialismo -- Cap. 4 Poder espiritual y antropocentrismo -- Cap. 5 : Occidentalidad y jerarquización racial -- Cap. 6 : El anhelo de lo exótico -- Cap. 7 : Direccionalidad de la mirada en el recinto expositivo -- Cap. 8 : Visualización territorial, estereotipo cultural y turismo
Durante a segunda metade do século XIX as exposicións universais escenificaron o soño utópico da civilización e o progreso occidentais. Ao depender as futuras relacións políticas, económicas e culturais da representación adoptada por cada colectivo nestes escaparates internacionais, a elección dunha determinada fisonomía podía favorecer o arraigamento de prexuízos e estereotipos no imaxinario visual dun público cosmopolita. En conscuencia, as exposicións universais configuraron un complexo armazón de identidades e relacións de poder onde os múltiples puntos de vista adoptados por gobernos, expositores, cámaras de comercio ou, mesmo, polos mesmos organizadores do concurso, confluían simultaneamente. Neste marco o caso de España reviste un particular interese, debido a que a súa diversidade cultural, o seu antigo poderío político e o exotismo suscitado entre os viaxeiros occidentais situárona unha e outra vez na encrucillada entre tradición e modernidade, alí onde se desdibuja a tenue fronteira que separa as convencionais nocións de Oriente e Occidente. Consecuentemente, a cultura visual na tradición expositiva demostra ser un interesante campo de investigación, no que se fai necesario profundar para poder esclarecer os vínculos recíprocos que se establecen entre a codificación de imaxinarios e a construcción de identidades. A investigación atendeu á relación establecida entre a cultura visual española e a formación dunha identidade nacional que se empraza na encrucillada entre Oriente e Occidente, analizando o seu compoñente exótico, as implicacións da oposición dialéctica entre centro e periferia, así como a pretensión legitimadora de converter a España en nexo de unión entre Europa e América. Os resultados confirman que a delegación española expuxo esencialmente produtos naturais, carecendo dunha destacada representación manufactureira. O atraso económico, pero tamén a falta dunha cultura empresarial expositiva, foron causa deste pobre resultado que, asociado á imaxe exótica que os viaxeiros occidentais configuraran desde tempo atrás, proxectou a imaxe dun pobo ancorado nun mundo pretérito. Esta foi precisamente a visión que os artistas estranxeiros recrearon nas súas obras, confirmando que o imaxinario visual e condicionamento cultural inflúen na cristalizació n plástica e constante reinvención dos estereotipos culturais. Con todo, moitos españoles tambié n fixaron esta imaxe romántica: a dunha nación sometida alternativamente á idea dicotómica dun país luminoso, radiante e alegre e a dun territorio sombrío, absolutista e fanático; en definitiva, a dun pobo apaixonado varado nun pasado poético onde ningunha evidencia de modernidade tecnolóxica ou contaminación cultural podían darse. Mesmo, os espectáculos e actuacións que especuladores servíronse desta imaxe exótica en prol do rédito económico. Así, a cultura visual vén confirmar a constante interpretación reduccionista e simplista da realidade heterogénea e plural do estado español ...
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.