Explotación y transformación : análisis crítico del capitalismo y sus alternativas en el siglo XXI / José Iglesias Fernández
por Iglesias Fernández, José (1931-) [autor]
.
Tipo: 




Biblioteca de orixe | Localización actual | Colección | Sinatura | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós | Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós 2º andar | Fondo local | 330 IGL exp [FL] | Dispoñible | BO000028373 |
|
Contén bibliografía
Na súa permanente transmutación, o capitalismo desenvolve novas formas de apropiarse dos recursos e das riquezas que se producen con elas. Isto conleva a necesidade de repensar e ampliar o concepto clásico da explotación. Penso que deberían considerarse e integrarse sistémicamente catro formas de explotación: 1) "a explotación da man de obra" (masculina e feminina) explicada pola teoría do valor do traballo; 2) "a explotación da muller explicada pola teoría da reprodución da forza de traballo; 3) "a explotación da natureza" explicada desde a entropía (ou segundo principio da termodinámica); e 4) "a explotación por desposesión" de recursos naturais e dereitos de todo tipo que pertencen individual ou colectivamente a todos os seres humanos que habitamos o planeta.
Á súa vez, esta barbarie do capitalismo vai interpelando a colectivos sociais de moi diversa índole que, como resposta, fan propostas de cambio de modelo de sociedade. Proliferan ultimamente moitas propostas, á vez que están en marcha moitas experiencias activas, que se anuncian baixo o nome de alternativas a secas, sen máis explicacións, e se de diferencian só no adxectivo engadido: capitalismo inclusivo, economía corporativa, responsabilidade social corporativa, economía colaborativa, economía circular, economía do ben común, economía social ou solidaria, cooperativismo, economía do troco, economía do don, bancos do tempo, economía para o emprego garantido, economía para a vida, soberanía alimentaria, malgaste alimentario e bancos de alimentos, permacultura, comercio xusto, banca ética, microcréditos, moedas locais, taxa Tobin e fiscalidade xusta, rendas mínimas de inserción e renda básica, comunalismo e municipalismo, etc. Con todo, moitas delas, postuladas ou en fase de experimentación, sometidas ás esixencias dunha taxonomía, neste caso dun instrumento como a brúxula/matriz ampliada ( BMa), poden resultar ser máis ben suxeitos de cambio, procesos ou instrumentos, pero moi poucas veces alternativas ao sistema, por non conter suficientes elementos conceptuais en contra do capitalismo.
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.