[Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 22 de mayo de 1978]
por Díaz Pardo, Isaac (1920-2012 )
; Seoane, Luís (1910-1979 )
.
Tipo: 
























Biblioteca de orixe | Localización actual | Sinatura | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Santiago de Compostela – Biblioteca de Galicia | Santiago de Compostela – Biblioteca de Galicia Colección Isaac Díaz Pardo | IDP-MS-353 [BA] | Consulta en biblioteca | CBG000030566 |
|
Carta mecanografiada e sinatura ms. autógrafa
Carta, co membrete do "Seminario de Sargadelos", enviada por Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane para enviarlle notas de prensa da inauguración da galería en Santiago e confirmarlle que, por correo aéreo, lle mandou o caderno nº 5 do Laboratorio de Formas, o cartel e o catálogo.
Infórmao de que a galería quedou moi ben e que o seu tapiz causa admiración e interés polo descoñecido do tema escollido.
Coméntalle que a presentación do "Terra de Melide" a fixeron no Auditorio de Santo Domingo, a que asistiron máis de cincocentas persoas, e que en breve van a presentar na galería o libro de Galaxia "Grandeza y decadencia del Reino de Galicia" de Emilio González López, traducido por Paco del Riego.
Infórmao de que lle otorgaron o Pedrón de Ouro a Ánxel Fole e de que en poucos días terá lugar unha asamblea do "Instituto Galego de Información".
Considera que se deu un paso importante cara a restauración do "Seminario de Estudios Galegos" e pregúntalle cándo pensa regresar.
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.