[Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 6 de junio de 1972]
por Díaz Pardo, Isaac (1920-2012 )
; Seoane, Luís (1910-1979 )
.
Tipo: 
































Biblioteca de orixe | Localización actual | Sinatura | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Santiago de Compostela – Biblioteca de Galicia | Santiago de Compostela – Biblioteca de Galicia Colección Isaac Díaz Pardo | IDP-MS-202 [BA] | Consulta en biblioteca | CBG000028612 |
|
Carta mecanografiada
Contén: copia da carta
Carta enviada por Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane en resposta á súa do 22 de maio comentándolle que Antonio Fernández Tapia e a súa dona Manolita estiveron de visita en Sargadelos e o puxeron ao tanto da súa estancia en Bos Aires e lle deron conta de Camilo.
Infórmao de que Blanco Amor tiña dúas conferencias coincidentes coa inauguración da exposición de Barcelona polo que non puido asistir e asegúralle que lle enviará fotocopia dos recortes de prensa en canto poida.
Confírmalle que Xosé recibiu os seus debuxos para Blanco Amor e coincide na súa opinión sobre o profesor Santamarina.
Infórmao de que estivo con Álvaro Gil en Barcelona e que chegaron á conclusión de que deben formar un patronato e cre que se podería facer de manera semellante a como se reflicte na fotocopia que lle adxunta e que a idea é entregar en poucos días o proxecto en Madrid a Falcón, un alto cargo da Dirección General de Bellas Artes.
Asegúralle que lle enviará fotos dos decorados que fixo para Salvat e critica que modificaron o debuxo e as cores do programa, que lle manda.
Infórmao de que estivo falando con Ramón Piñeiro e Paco del Riego sobre a posibilidade de instalar na sala alta do Museo Carlos Maside a exposición sobre libro galego ao retirala de Barcelona e de facer un seminario sobre o libro galego coincidindo coa mostra. Cren que él debería enviar unha comunicación.
Cóntalle os seus plans para as próximas exposicións na sala de Barcelona e coméntalle que das ilustracións que fixera para o libro "Xente ao lonxe" de Blanco Amor soamente autorizaron publicar dúas.
Avísao de que tomou a determinación de transferir a súa parte nas sociedades "Cerámicas del Castro, Ltda." e "Sargadelos, Ltda." aos seus fillos, en parte por tropiezos con Pepe Rey e coa intención de acercar aos seus fillos. A súa idea é seguir colaborando a través do Laboratorio de Formas e do Seminario de Estudios Cerámicos.
Precisa a súa autorización para ceder as súas participacións, o que significa a renuncia ao dereito de tanteo, polo que lle pide a súa opinión ao respecto.
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.