[Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 22 de mayo de 1972]
por Díaz Pardo, Isaac (1920-2012 )
; Seoane, Luís (1910-1979 )
.
Tipo: 
























Biblioteca de orixe | Localización actual | Sinatura | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Reserva de exemplares | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Santiago de Compostela – Biblioteca de Galicia | Santiago de Compostela – Biblioteca de Galicia Colección Isaac Díaz Pardo | IDP-MS-199 [BA] | Consulta en biblioteca | CBG000028577 |
|
Carta mecanografiada
Coa mesma data existen dúas cartas. Carta, co membrete de Sargadelos, enviada por Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane desde Barcelona para enviarlle o catálogo da mostra sobre libro galego da inauguración da sala.
Coméntalle que tanto Paco Fernández del Riego como Ramón Piñeiro se volcaron coa mostra da sala de Barcelona, da que se realizaron dúas inauguracións, o 17 da exposición sobre libro galego e o 18 da sala en sí.
Infórmao de que acudiu gran cantidade de xente, entre eles, como invitados, Ferrín e Alonso Montero, ao que lle prohibiron realizar conferencias na cidade, e que tanto Risco como Dieste non puideron asistir de momento.
Infórmao de que está a ter moita repercusión na prensa, que pensa enviarlle os recortes serocopiados, e de que realizaron diapositivas para poder mostrarlle o resultado.
Dalle conta do éxito das súas intervencións na Universidade sobre literatura, cultura e historia galega e do impulso que supón para o coñecemento e reivindicación da cultura galega.
Infórmao de que ao día seguinte se estreará unha mostra sobre Valle Inclán e o teatro e de que os textos de Seoane que seleccionou non pasaron a censura.
Avísao do bo resultado das probas de saúde que lle fixeron, de que está a eliminar gradualmente a medicación, de que pensa organizar un gabinete de deseño e de que se aproxima a toma dunha decisión importante na súa vida.
Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.
Non hai comentarios sobre este documento.