Vista normal Vista MARC

Ahora sí, antes no = Right now, wrong then / escrita y dirigida por Hong Sangsoo ; música, Jeong Yongjin

por Hong, Sangsoo (1960-) [director de cine].
Tipo: materialTypeLabelMaterial visualEditor: Barcelona : Cameo , 2016 Descrición: 1 videodisco (DVD) (ca. 115 min.) : son, cor ; 12 cm.Materia(s): Cine coreano | Cine coreano | Drama | DramaPremios: 2015: Mellor película e mellor actor no Festival Internacional de Cine de GijónPremios: 2015: Mellor película e mellor actor no Festival Internacional de Cine de LocarnoInt.: Jeong Jae-yeong, Kim Min-hee, Yoon Yeo-jeong, Gi Ju-bong, Choi Hwa-Jeong, Yoo Joon-sang, Seo Young-hwa, Ko Ah-sung Resumo: Un director de cine independente chega ao seu destino un día antes por equivocación. Aproveitando o exceso de tempo libre, entra nun palacio restaurado onde coñece a unha moza artista, coa que pasa o resto do día: visitando o seu estudo, coñecenco a súa obra, ceando, tomando algo xuntos... Ata que ela prantexa unha pregunta cuxa resposta o cambia todo. É probable que se o día volvera comezar ambos se comportarían de forma diferente, pero iso xa non se poderá saber, ou tal vez sí?
Audiencia:
Non recomendada para menores de 7 anos
Etiquetas desta biblioteca: Non hai etiquetas desta biblioteca para este título. Para engadir etiquetas ingrese na súa conta do catálogo.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Biblioteca de orixe Localización actual Sinatura Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Reserva de exemplares Datos do exemplar
Oleiros – Biblioteca Central Rialeda
Oleiros – Biblioteca Central Rialeda
Audiovisuais
DVD 791 AHO aho Dispoñible col0000248641
Vigo – Biblioteca Pública Juan Compañel
Vigo – Biblioteca Pública Juan Compañel
Sala préstamo
CINE DRA aho Dispoñible BV000015714
Ferrol – Biblioteca Municipal Central
Ferrol – Biblioteca Municipal Central
Audiovisuais
CINE 791-DM AHO Dispoñible BF1000004663
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
A Coruña – Biblioteca Pública Miguel González Garcés
Audiovisuais
V DRA aho Dispoñible BC000007945
Pontevedra – Biblioteca Pública Antonio Odriozola
Pontevedra – Biblioteca Pública Antonio Odriozola
Audiovisuais
V DRA AHO Dispoñible BP000004680
Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós
Ourense – Biblioteca Pública de Ourense Nós
1º andar
201- C(KO) HON aho Dispoñible BO000000913
Lugo – Biblioteca Pública de Lugo
Lugo – Biblioteca Pública de Lugo
Audiovisuais
DRAMA AHO Dispoñible BL000008093
Reservas totais: 0

Int.: Jeong Jae-yeong, Kim Min-hee, Yoon Yeo-jeong, Gi Ju-bong, Choi Hwa-Jeong, Yoo Joon-sang, Seo Young-hwa, Ko Ah-sung

Un director de cine independente chega ao seu destino un día antes por equivocación. Aproveitando o exceso de tempo libre, entra nun palacio restaurado onde coñece a unha moza artista, coa que pasa o resto do día: visitando o seu estudo, coñecenco a súa obra, ceando, tomando algo xuntos... Ata que ela prantexa unha pregunta cuxa resposta o cambia todo. É probable que se o día volvera comezar ambos se comportarían de forma diferente, pero iso xa non se poderá saber, ou tal vez sí?

Non recomendada para menores de 7 anos

Idiomas: coreano

Subtít.: castelán, catalán

2015: Mellor película e mellor actor no Festival Internacional de Cine de Gijón

2015: Mellor película e mellor actor no Festival Internacional de Cine de Locarno

Realizada en Corea del Sur, 2015

Os comentarios publicaranse en canto os aprobe un bibliotecario. Consulte os criterios de moderación.

Comentado por Iria C.
24/01/2023

Esta é unha película que se pode ver como dous filmes independentes de duración media, xa que parten da mesma premisa, pero presentan variacións no desenvolvemento da trama.

Un director de cine viaxa a unha cidade para asistir á proxección da súa película cun día de antelación e, mentres fai turismo, coñece a unha artista coa que pasará o resto do día. Tomarán algo, visitarán o estudio de pintura da muller, cearán xuntos e reuniranse con amigos dela xa entrada a noite. Todos estes sucesos teñen lugar en ambas as dúas versións da historia, pero, desde o meu punto de vista, será a maneira en que un aspecto clave da vida do director sae a luz o que determinará unha diferenza fundamental na relación que se establecerá entre os dous protagonistas.

Ahora sí, antes no é unha película de diálogos, que pode, por isto, resultar tediosa nalgúns momentos, pero que noutros nos ofrece deliciosas esceas de conversa —como a do café, na que ela fala do seu oficio de pintora, ou a do estudio, na que el interpreta as súas pinturas— con fermosas e iluminadoras reflexións.

Tanto actor como actriz están moi convincentes nos seus papeis e para gozar por completo das súas interpretacións é moi recomendábel visionar a película en versión orixinal, con subtítulos en español se non sabemos coreano.

Ingrese na súa conta para facer un comentario.

Faga clic na imaxen para vela no visor de imáxenes

Coa tecnoloxía Koha