Comentarios recentes Suscribirse os comentarios máis recentes

Fóra de mapa / Emilio Fonseca ; [Prólogo de Juan Díaz Canales] por Fonseca, Emilio

Publicación: Coruña : Deputación da Coruña . 126 p. ; 24 cm

Maxistral! Engadida 24/02/2023 por José Enrique B.

Cómo vivir de las rentas / Josan Jarque ; [prólogo de Gregorio Hernández] por Jarque, Josan

Publicación: Barcelona : Martínez Roca, . 350 p. : 23 cm

Interesante libro sobre pequeños inversores a largo plazo. Aunque toda su estrategia se basa en invertir en acciones que den dividendos. Pero si está bien sobre cosas que no debes hacer para el invertir tu dinero. Engadida 11/02/2023 por Juan Carlos H.

Antes de que lleguen las nubes : [el inspector Héctor Correa y la traductora sueca Lisa Hagel, dos investigadores en Málaga] / Mari Jungstedt ; traducción, Carmen Montes Cano por Jungstedt, Mari

Publicación: Madrid : Maeva . 288 p. ; 23 cm

La novela es entretenida, alegre en general, que engancha y se lee muy rápido porque a medida que avanzas quieres saber quién y porqué ha matado al fiscal. Solo tiene un pero, la triste y decepcionante venganza que no está justificada, porque a la autora le ha faltado profundizar en los hechos que han convertido a un niño, el hijo más querido por su madre y deseado por su padre, en un asesino. Engadida 03/02/2023 por Begoña Á.

Caraval / Stephanie Garber ; traducción de Julio Hermoso por Garber, Stephanie

Publicación: Barcelona : Planeta . 429 p. ; 23 cm

Entretenido. La autora consigue transportarte a un mundo mágico y engañoso, al más puro estilo de Alicia en el país de las maravillas, donde nunca sabes que es real y que no, lo que mantiene en tensión constante y hace que siempre quieras leer un poco más. Engadida 26/01/2023 por Estela C.

Una sombra en las brasas / Jennifer Armentrout ; traducción de Guiomar Manso de Zúñiga por Armentrout, Jennifer L

Publicación: Madrid : Puck . 792 p. ; 22 cm

Realmente me gustó, es una precuela de la saga "De sangre y cenizas", pero es importante leer este después de leer los tres primero de la otra saga, si no no entenderás nada. Engadida 26/01/2023 por Estela C.

Casa de cielo y aliento / Sarah J. Maas ; traducción de Carolina Alvarado Graef por Maas, Sarah J.

Publicación: Barcelona : Alfaguara . 828 p. ; 22 cm

Realmente entretenido,al contrario que el primero de la saga que tenía un principio un poco lento, este mantiene un buen ritmo a lo largo de todo el libro. El final realmente impactante. Engadida 26/01/2023 por Estela C.

Casa de tierra y sangre / Sarah J. Maas ; traducción de Carolina Alvarado Graef por Maas, Sarah J.

Publicación: Barcelona : Alfaguara . 795 p. ; 22 cm

El principio un poco lento y pesado, ya que es bastante explicativo sobre el mundo en el que se desarrolla, pero poco a poco la historia va avanzando y vas enganchandote. La historia es interesante y te mantiene en vilo, sin saber nunca que va a pasar. Las últimas 200 páginas son trepidantes, no puedes parar de leer. De lo mejor que he leído en fantasía. Engadida 26/01/2023 por Estela C.

La canción del lobo = Wolfsong / T. J. Klune ; traducción Ana María Pérez por Klune, T.J.

Publicación: Barcelona : VR europa . 701 p. ; 21 cm

Realmente me encantó. Los personajes te enganchan desde la primera página, te hacen llorar y reír con ellos. Una historia preciosa, llena de emociones.No podía parar de leer. Engadida 26/01/2023 por Estela C.

Ahora sí, antes no = Right now, wrong then / escrita y dirigida por Hong Sangsoo ; música, Jeong Yongjin

Publicación: Barcelona : Cameo . 1 videodisco (DVD) (ca. 115 min.) ; 12 cm

Esta é unha película que se pode ver como dous filmes independentes de duración media, xa que parten da mesma premisa, pero presentan variacións no desenvolvemento da trama.

Un director de cine viaxa a unha cidade para asistir á proxección da súa película cun día de antelación e, mentres fai turismo, coñece a unha artista coa que pasará o resto do día. Tomarán algo, visitarán o estudio de pintura da muller, cearán xuntos e reuniranse con amigos dela xa entrada a noite. Todos estes sucesos teñen lugar en ambas as dúas versións da historia, pero, desde o meu punto de vista, será a maneira en que un aspecto clave da vida do director sae a luz o que determinará unha diferenza fundamental na relación que se establecerá entre os dous protagonistas.

Ahora sí, antes no é unha película de diálogos, que pode, por isto, resultar tediosa nalgúns momentos, pero que noutros nos ofrece deliciosas esceas de conversa —como a do café, na que ela fala do seu oficio de pintora, ou a do estudio, na que el interpreta as súas pinturas— con fermosas e iluminadoras reflexións.

Tanto actor como actriz están moi convincentes nos seus papeis e para gozar por completo das súas interpretacións é moi recomendábel visionar a película en versión orixinal, con subtítulos en español se non sabemos coreano. Engadida 24/01/2023 por Iria C.

Racine carrée / Stromae por Stromae

Publicación: [s.l.] : Mosaert . 1 disco (CD-DA) 26

O altamente recomendábel «Racine carrée» é un álbum de música electrónica de baile que agocha letras elaboradas e reflexivas que paga a pena descubrir para que o gozo da escoita sexa completo.

Algunhas das cancións máis coñecidas deste traballo son «Papaoutai» (del francés Papa où tu-es?, que quere dicir ‘Papá, onde estás?’), dedicada ao seu pai, asasinado no xenocidio de Ruanda; «Tous les mêmes», na que satiriza os roles de xénero nas relacións de parella; e «Formidable», que conta a historia dun home ebrio ao que acaban de deixar.

A non perder tampouco calquera dos tres vídeos musicais destas composicións, que destacan pola súa coidada estética e a rompedora exposición dos temas tratados. Engadida 24/01/2023 por Iria C.

Hamnet / Maggie O'Farrell ; traducción de Concha Cardeñoso Sáenz de Miera por O'Farrell, Maggie

Publicación: Barcelona : Libros del Asteroide . 344 p. ; 22 cm

Partindo do suceso real da morte do único fillo varón de William Shakespeare, O´Farrell concibe unha historia familiar de amor e dor á que dá forma facendo gala dun nivel abraiante de detalle e sensibilidade na descrición da ambientación e dos afectos.

O´Farrell transmite cariño polos personaxes das súas novelas, e nesta especialmente sentímolo por Agnes, a nai e muller incomprendida sobre a que fai descansar todo o peso da trama, partida en dous polo fatal acontecemento e cuxos momentos máis duros están narrados con delicadeza e rezuman sentimentalidade, pero sen caer en sentimentalismos.

Esta novela ofrece ademais unha nova interpretación de Hamlet, xa que para O´Farrell existe unha clara relación entre o clásico de Shakespeare e a biografía do seu fillo. Engadida 24/01/2023 por Iria C.

Dónde estás, mundo bello / Sally Rooney ; traducción de Inga Pellisa por Rooney, Sally

Publicación: Barcelona : Random House . 326 p. ; 23 cm

A última novela da escritora irlandesa alterna a narración en terceira persoa das vidas de Alice e Eileen, dúas amigas que se achegan a trintena, cos correos electrónicos que se envían e nos que, ademais de poñerse ao día sobre as súas complicadas relacións, aproveitan para reflexionar sobre política, estética, literatura ou relixión.

Talvez haxa moito da propia Rooney nestas dúas personaxes. Custa especialmente non ver a Alice, escritora con problemas para xestionar o seu éxito, como un alter ego da autora, ou non escoitala dar a súa opinión sobre comunismo a través de Eileen.

Rooney é unha escritora do seu tempo cando describe escenas de sexo, utiliza as mensaxes de WhatsApp como diálogos ou expón a incerteza do porvir na época pospandemia, pero o tema fundamental da súa escrita segue sendo algo tan antigo como o amor e, máis específicamente, as dificultades para alcanzalo.

Penso que as lectoras da mesma xeración cas protagonistas sentiranse comprendidas e para as que xa pasamos esa etapa da vida a lectura deste libro pode servirnos para reconciliarnos coas que fomos, valorar aínda máis como estamos agora e ter esperanza no que está por vir. Engadida 24/01/2023 por Iria C.

Rosa caramelo / [texto] Adela Turín ; [ilustracións], Nella Bosnia ; [tradución do italiano, G. Tolentino] por Turin, Adela

Publicación: Pontevedra : Kalandraka, . [32] p. : 28 cm.

Rosa caramelo é a cor das femias no país dos elefantes, que teñen que ser bonitas para poder casar de maiores; pero Margarida, aínda que fai todo o que lle mandan para ter ese aspecto, segue a ser da mesma cor gris que os machos. Cando os seus pais dana por perdida, Margarida consegue a liberdade para ser ela mesma e convértese nun exemplo para as demais elefantas. Engadida 24/01/2023 por Iria C.

Unha feliz catástrofe / Adela Turín, Nella Bosnia ; [traducción, G. Tolentino] por Turin, Adela

Publicación: Pontevedra : Kalandraka, . [36] p. ; 28 cm

Neste conto un suceso inesperado sacode a unha familia de ratos na que os roles de xénero que impón a sociedade están moi marcados nas figuras da nai e do pai, o que os levará a vivir unha nova vida chea de aventuras na que descubrirán que poden ser máis felices esquecendo todo o que se supón que deben facer e aprendendo cousas que nunca imaxinaran. Engadida 24/01/2023 por Iria C.

Artur e Clementina / Adela Turín ; [ilustracións, Nella Bosnia ; tradución, Eva Almazán] por Turin, Adela

Publicación: Pontevedra : Kalandraka, . [40 p.] : 22 x 27 cm.

Artur e Clementina son dúas tartarugas que se coñecen e casan rapidamente. Ao principio todo son ilusións para Clementina, que soña cunha vida emocionante ao lado de Artur, quen tamén semella feliz coas ideas da súa parella. Porén, non pasará moito tempo até que Artur comece a amosar unha actitude moito menos comprensiva e animosa que poñerá a proba o amor propio de Clementina e a súa relación. Engadida 24/01/2023 por Iria C.

Invisibles / dirigida por Gracia Querejeta ; guion, Antonio Mercero, Gracia Querejeta ; música, Federico Jusid

Publicación: [Barcelona] : Cameo . 1 videodisco (DVD) (ca. 84 min., [15 min. extras]) ; 12 cm

Tres mulleres de arredor de 50 anos quedan un día á semana no parque para camiñar mentres se poñen ao día.

As distintas personalidades de cada unha, a liberdade coa que intercambian opinións sobre as cousas que lles pasan, a filosofía con que lles fan fronte ás críticas das outras, pero tamén os desencontros que isto provoca entre elas fan que me quede enganchada a este filme de Gracia Querejeta, aínda por segunda vez.

Todo sustentado polas cativadoras actuacións de Adriana Ozores, Emma Suárez e Nathalie Poza á hora de presentarnos estas historias do día a día, cheas de intriga, que animan a conversa unha vez acabada a película. Engadida 24/01/2023 por Iria C.

Aprendívoros : el cultivo de la curiosidad / Santiago Beruete por Beruete, Santiago

Publicación: Madrid : Turner . 367 p. ; 22 cm

A obra interesará tanto a quen busque ser máis consciente da sociedade na que vivimos e precise de respostas sobre como facerlle fronte aos desafíos que esta nos presenta, como moi especialmente ás mestras e profesores do futuro que desexen exercer a súa profesión desde o compromiso e coa vontade de cambiar as cousas.

En calquera caso, na base das moitas ideas expostas no libro está a de que vivir unha vida plena pasa por deixar atrás a nosa visión antropocéntrica do mundo e dirixir a mirada cara a natureza da que somos un elemento máis e da que ademais podemos obter importantes ensinanzas, porque outra das claves do libro está en que unha vida satisfactoria pasa por estar abertas a aprender cada día.

Ao final de cada capítulo o autor ofrécenos un agasallo en forma de bibliografía que nos permitirá afondar naqueles temas que máis esperten a nosa curiosidade. Aquelas persoas que vaian comezar a dar clases agradecerán especialmente o titulado «Carta a alguien que se inicia en el oficio de cultivar personas», que será tamén un bo refuxio ao que volver nos momentos de desánimo. Engadida 24/01/2023 por Iria C.

El ojo del fotográfo : composición y diseño para crear mejores fotografías digitales / Michael Freeman ; [traducción y revisión de la edición en lengua española, Francisco Rosés Martínez]. por Freeman, Michael

Publicación: Barcelona : Blume, . 192 p. : 27 cm.

Cando che gusta moito tirar fotografías pode chegar un momento en que sintas que necesitas adquirir un pouco de coñecemento para saber que o que fas non está de todo mal e para gozar máis da experiencia.

Este libro é unha boa recomendación para alguén que se atope nesa situación, porque nel se recollen os principios básicos de composición e deseño de fotografías.

A obra está dividida en seis capítulos (encadramento, base do deseño, elementos gráficos e fotográficos, composición con luz e cor, e propósitos e proceso) nos que os conceptos asociados a cada tema se tratan de maneira clara e concisa nun par de páxinas.

O mellor de todo é que o libro inclúe moitas imaxes de exemplo, que axudan moito a entender e asimilar os conceptos. Ademais, ten o valor engadido de que non hai moitos libros deste tipo. Engadida 24/01/2023 por Iria C.

El acontecimiento / Annie Ernaux ; traducción de Mercedes y Berta Corral por Ernaux, Annie

Publicación: Barcelona : Tusquets, . 119 p. ; 22 cm.

Annie Ernaux relata en El acontecimiento a súa experiencia co aborto clandestino na Francia dos anos sesenta do século pasado, a soidade e a incomprensión dunha sociedade que se desentende ante a desgraza que supón o embarazo para tantas mulleres.

A autora utiliza unha linguaxe precisa e sinxela, desprovista de calquera artificio ―porque o que importa é a historia― nunha narración na que toma distancia á hora de comunicar as sensacións desa época, pero na que se intercalan ―entre paréntese― as reflexións e as emocións que sobre o vivido aparecen no momento da escritura.

Á marxe de posturas persoais ante a intervención voluntaria do embarazo, resulta difícil non sentir, polo menos, un profundo respecto ante a serenidade e a determinación de quen continúa adiante a pesar das trabas e das penalidades que lle poden impoñer e, sobre todo, sabendo que a súa vida corre perigo. Engadida 24/01/2023 por Iria C.

O cervo e a sombra / Diego Ameixeiras por Ameixeiras, Diego

Publicación: Vigo : Edicións Xerais de Galicia . 153 p. ; 23 cm

Moitas veces buscamos coas nosas lecturas achegarnos a realidades diferentes a nosa, parécenos máis atractivo o exótico, mais o certo é que nesa decisión tamén hai, en moitas ocasións, a intención inconsciente ou non de manternos a salvo. Non sempre é doado enfrontarnos ao que nos rodea e especialmente as súas caras máis escuras.

A lectura do último libro de Diego Ameixeiras busca remover os nosos espíritos coas súas frases, intensas, poéticas, oníricas e que agochan mensaxes para descifrar. Asisto ao deambular cinematográfico do protagonista polas rúas de Ourense coas emocións na boca do estómago, descubrindo a cidade na que vivo, pero sobre todo agardando para el a redención definitiva.

Non saio indemne da lectura desta novela, pero paga a pena porque hai moita verdade e moito corazón postos na súa escritura e porque no coñecemento do que está próximo, mais case sempre oculto, atopo o meu propio recoñecemento. Engadida 24/01/2023 por Iria C.

Coa tecnoloxía Koha